TURISMO: Poñer en valor os recursos turísticos de xeito integral e transversal (paisaxe, medio ambiente, identidade cultural…). En colaboración cos axentes privados do sector e coas outras administracións, elaboración de planos de formación turística, muncipais, comarcais ou supracomarcais.
Integrar a oficina de turismo na rede galega de oficinas turísticas que permita unha información mellor e máis coordinada aos usuarios. Incluir na páxina web do concello ligazóns a todas as empresas relacionadas co turismo, ocio e aventura existentes no concello e apoio dende a administración local ás mesmas.

Mantemento e sinalización en bo estado das rotas de sendeirismo e a cabalo e estudar habilitar outras. Un novo pulo a feira do viño, apoio ao festival do castro e implantación en colaboración coa hostelería local dunha festa gastronómica anual.
Adquisición e rehabilitación do Poboado da Chaira para campamentos de verán en colaboración coas Consellerías de Vivenda e Solo, Turismo e Medio Rural. Hablitación e novo pulo ao embarcadoiro de A Maiorga e rehabilitación integral de lugares de especial interés como Reiriz ou San Cosmede.
PARROQUIAS: Recoñecemento das parroquias como unidade de organización e de participación no ámbito municipal e elección democrática de alcalde-pedáneo como interlocutor das parroquias co concello. Dotación de servizos básicos como abastecemento de auga e saneamento a través dun calendario pactado cos representantes veciñais, as consellerías competentes e a propia diputación e non segundo a discrecionalidade que ata de agora se seguía en base a criterios electoralistas e clientelares. Axudas as diferentes asociacións veciñais e culturais legalmente constituídas e en funcionamento en base as actividades que estas realicen e ao número de asociados e asesorar ás mesmas para acollerse as axudas que as diferentes consellerías poñen a súa disposición anualmente.

Utilización das escolas obradoiro e obradoiros de emprego para rehabilitar os locais existentes e para a construcción de outros novos.
Coas brigadas de parques e xardíns e a brigada de obras manteranse os espazos públicos das parroquias axardinados e ben coidados, recuperaranse fontes e lavadoiros e manteranse as pistas e camiños en bo estado. Extensión do PEBA, Plan de Extensión de Banda Ampla a todas as parroquias do concello no período 2007-2008.
CULTURA E DEPORTE:Asesoramento ás asociacións culturais para solicitar as axudas institucionais para actividades e implicación do concello co proxecto da banda de Gaitas O Castro. Apoio aos grupos teatrais e achegar as súas obras aos cidadáns con representacións ao aire libre de teatro e cinema en galego nos meses de verán. Creación da Rota dos Pazos e Casas Grandes e potenciación da rota e das xornadas do romático. Dotar a biblioteca municipal de acceso a Internet e en colaboración coa dirección e a ANPA do colexio incentivar o acceso dos nenos e nenas a mesma ademáis do dos veciños e veciñas en xeral. Fomento da propia cultura a través da lectura, charlas, conferencias, excursións e premios infantís e literarios. Promoción das producións culturais e do potencial creativo dos veciños e veciñas do concello e especial colaboración cos artesáns, coas mulleres rurais que se adiquen a creatividade ou cos artistas dos diferentes ámbitos. Invantariado do patrimonio arqueolóxico do concello.

Fomento do deporte de base a través de escolas deportivas e maratóns e de hábitos de vida saudábeis entre tódos os sectores de idade do concello. Habilitación de campos para a práctica de deportes tradicionais, como os birlos que están experimentando un importante auxe. Dotar dun novo sistema de regadío e céspede e creación dun campo de entrenamento a carón do Campo do Valiño do Ferreira F.C. ademáis de dotar de asentos as gradas de tribuna, todo elo ao longo da lexislatura e cun calendario de prioridades establecido coa propia directiva do clube. Complementar os gastos de inscripción e axudas aos equipos do concello que participen en competicións deportivas. Arranxo do equipamento do pabillón polideportivo e facilidade de acceso ao mesmo para a práctica do deporte en calquera horario. Participación do concello nos viaxes que se organicen para ver competir as selecións nacionais deportivas galegas. Fomento do deporte base entre os máis cativos ca creación na medida do posible de Escolas deportivas e a organización de carreiras populares.
CONCELLO SOLIDARIO: Integración no fondo galego de cooperación e solidariedade e procurarase que a partida orzamentaria do concello adicada a cooperación e solidariedade alcance o 0,7 %. e sensibilización social en materia de acción humanitaria.
BENESTAR E IGUALDADE: Creación da concellaría de benestar social con dúas áreas; de inclusión e loita contra a pobreza e de autonomía persoal e accesibilidade.

Facilitarase aos nosos maiores información sobre servizos e recursos sociais contando coas asociacións veciñais e as asociación de persoas maiores e xuvilados. Priorizarase a cobertura absoluta a aquelas persoas que sexan grandes dependentes. Asegurar o maior grao de covertura asistencial a aquelas persoas susceptíbeis de mellorar a súa calidade de vida con prestacións domiciliarias. Implantación da teleasistencia domiciliaria e a localización fóra do domicilio. Implantación no concello da rede de coidados para a autonomía persoal conectándose coa Xunta de Galiza para dispor de servizos on-line para persoas con dependencia, formación de coidadores, bolsa de emprego para profesionais dos servizos de proximidade, farmacia a domicilio, préstamo de axudas técnicas, etc. Colaboración coa vicepresidencia para a
implatanción do programa “065 social”, un servizo de transporte adaptado para persoas maiores con dificultades de mobilidade e persoas con discapacidade. Posibilidade de emprego de veciños e veciñas para traballar coas persoas dependentes, transporte, comedor social ou xantar na casa, lavandería etc. Estimular a formación en dependencia aos profesionais de servizos sociais dos concellos a través de servizos de teleformación en colaboración coa vicepresidencia. Elaborarase un plano municipal para identificar as necesidades de servizos elaborar programas axeitados para resolver as demandas do colectivo. Reactivarase a construción do centro de día para que esté dispoñíbel nun prazo de ano e medio.
Promocionarase a tarxeta + que permite descontos as persoas maiores de 65 anos no transporte público, exposicións, cine, actos deportivos…. Programas de turismo termal e de coñecemento do país. Creación do Consello de maiores e das relacións interxeracionais con actividades nos centros sociais e de ensino de recollida de memoria viva a través da historia oral, dos traballos, festas, oficios, acontecementos políticos, culturais, etc protagonizada por persoas maiores. Promoverase a integración social de persoas con discapacidade.
Compromiso de acadar unha igualdade plena cunha política municipal sensibel. Dende o concello traballarase activamente na
sensibilización sobre a violencia de xénero adaptando conxuntamente coa vicepresidencia medidas de concienciación social e de formación para os profesionais da asistencia social e sanitaria e daráselle unha atención integral –psicolóxica, xurídica, económica e laboral- as mulleres que sufran violencia de xénero. Favorecerase a inserción laboral das mulleres, apoiarase as mulleres emprendedoras e elaboraranse planos de formación e capacitación.
MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTÍBEL:
Implicación do concello de Pantón no proxecto de acadar a distinción de Patrimonio da Humanidade. Rematarase cos vertedeoiros de lixo incontrolados e o concello de Pantón non terá que voltar a aparecer nos medios de comunicación como un nos que aínda existen. Promocionarase a utilización do Punto Limpo de Següín para a recollida de pilas, baterías, electrodomésticos, muebles etc. Limpeza das marxes de ríos, regatos, rotas de sendeirismo e a cabalo e adopción de medidas exemplarizantes para os que non o respeten. Homoxenizarase as indicacións e sinalizacións e eliminaranse as antigas e deterioradas ademáis de dotar as parroquias de taboleiros de anuncios nos que se dará conta das distintas actividades que se realicen no concello. Priorizarase o impacto ambiental a hora de emprender calquera tipo de actuación no medio. Executaranse as redes de abastecemento de auga para asegurar a subministración a población. Garantirase a saude pública con tratamentos que aseguren a potabilidade e calidade da auga. Faranse campañas de redución, reutilización e reciclaxe e de aforro de auga e enerxía e participarase nos proxectos de mellora das infraestructuras enerxéticas da Consellería de Innovación e Industria co obxectivo de acadar un aforro enerxético no alumeado público e incentivarase a redución de residuos sólidos urbáns. Colaborarase coas comunidades de montes veciñais, coa consellería de medio rural e co voluntariado en defensa do monte galego para a prevención dos lumes. Incluirase no catálogo de árbores senlleiras da Consellería de Medio Ambiente ao Carballo da praza de Goian así como a calquera outra árbore ou formación de éstas que merezan unha especial proteción. Deseñaranse e executaranse as redes de sumidoiros con separación das pluviais e fecais. Controlarase o impacto urbanístico e o impacto para a saúde das liñas de alta tensión, soterrado das novas liñas de media tensión ao seu paso por núcleos de población e as de baixa tensión que afecten a conxustos histórico-artísticos e monumentos. Fomentarase entre os veciños e veciñas as enerxías limpas e informarase sobre as axudas e subvencións relacionadas coas mesmas e participarase nas da Consellería de Innovación para instalacións térmicas ou fotovoltaicas nos edificios públicos. Incrementar, protexer e coidar os espazos de uso público. Farase un inventariado do patrimonio medioambiental do concello e en xeral aprobaranse ordenanzas municipais de proteción do medio ambiente e recollida selectiva de lixo , dotando as parroquias dos contenedores necesarios e fomentando ese hábito entre os vecños.
MOCIDADE: 
Participación da mocidade no deseño das políticas que lle afecten potenciando a súa autoorganización en asociacións xuvenís que serán apoidadas desde o concello. Asumir por parte do concello a metade da matrícula dos alumnos universitarios que non reciban becas e xustifiquen un mínimo aproveitamento ademáis da metade dos seus gastos de desprazamento e tamén dos de ensinanza post-obrigatoria. Posta en marcha de escolas obradoiro para os menores de 25 anos e facilitarlle información e orientación en materia de emprego a través da oficina de información xuvenil que tamén aportará información sobre campamentos de verán e campos de traballo no país e no estranxeiro, asesoramento en temas afectivo-sexuais e información sobre as consecuencias das drogas.
COMUNICACIÓN E TRANSPORTE: Priorizarase unha política de mantemento en bo estado das actuais vías de comunicación e serase restrictivos na creación de novas vías que non estén plenamente xustificadas ou cuxo impacto ambiental non sexa asumíbel. Co fín de vertebrar o concello, construirase a estrada entre Budián e Frontón, outra das promesas incumpridas do partido popular e para minorizar o impacto ambiental discurrirá por as actuais pistas de terra sempre que sexa posíbel. Tamén se arranxará a carretera entre Tuiriz e Ferreira, co que se permitirá que os habitantes de Tuiriz non vivan completamente de costas a capital do concello, coas pérdidas económicas e de integración que eso supón. Colaborarase coa Consellería de Medio Rural, os viticultores e as súas asociacións para a mellora das pistas da ribeira e para a limpeza de camiños e das marxes das carreteras que discurren por o concello. Preparación definitiva das pontes da nacional 120 vella e do seu percorrido e arranxo do deplorábel estado das estradas entre a Santa Mariña e Guítara, entre O Barrio e A Arribada así como do firme das demáis vías que se atopan en estado lamentábel.
Integración no programa TES+BUS cando este sexa definitivo para permitir aos veciños e veciñas das parroquias desprazarse ata Ferreira nos autobuses escoloares ao prezo de 1 euro. Este servizo funcionará nos horarios e datas que funciona o transporte escolar. Apoio a recente asociación ciclista creada no concello e fomento do uso das bicicletas.
MEDIO RURAL: Elaborarase un plano municipal de infraestructuras rurais dirixidas a incentivar a actividade produtiva no rural. Impulsaremos a creación das “Unidades de Xestión Forestal” prevista na Lei de Prevención de Incendios Forestais para lograr unidades forestais dimensionadas que permitan rendibilizar o noso monte. Apoio aos proxectos impulsados polas comunidades de montes veciñais e apoio e colaboración para acadar da consellería de Medio Rural plans de ordenación forestal, creación de mancomunidades de montes ou deslindes entre comunidades e entre comunidades e particulares. Colaborarase co Banco de Terras de Galiza, Bantegal, para fomentar desde o concello a posta en valor de terras produtivas que se atopan en estado de abandono permitindo así un beneficio a arrendadores e arrendatarios que o desexen. Dar prioridade aos proxectos que xeren novas actividades económicas e creen emprego e apoio ao turismo rural e as empresas relacionadas co mesmo. Información e asesoramento das distintas axudas e subvencións das consellerías e organismos públicos. Especial colaboración coa Asociación de Viticultores de Pantón e en xeral participación cidadá no desenvolvemento do concello.
URBANISMO: 
Aprobarase definitivamente o tan esperado
plan de ordenación municipal de Pantón no que garantiremos a prevalencia do interés público sobre o particular ou privado, coherencia coas directrices nacionais de ordenación do territorio, que haxa participación dos veciños e veciñas e que sexa transparente, sustentábel, racional e que marque un equilibrio territorial e no que se respete unha ordenación do territorio municipal, unha planificación de infraestructuras básicas, conseguir solo dotacional para equipamentos públicos e espazos libres de uso público, habilitar chan para vivenda protexida e para usos industriais e a proteción dos valores ambientais e culturais. Informar sobre as subvencións para rematar casas inacabadas e para rehabilitación de casas no rural.
INFANCIA: Despois da apertura da Galescola de Pantón por parte da vicepresidencia a prioridade será a creación dun parque infantil e dunha ludoteca en Ferreira que funcionaría nos fíns de semana. Aos pais que residan no concello daráselle unha axuda de 500 euros por cada neno que naza no concello que se sumará aos 360 euros de axuda de Vicepresidencia cando se cumpran os requisitos de ingresos marcados por ésta.